martes, 11 de diciembre de 2012

Clarisimamente, a bruxa

Clarisimamente, a bruxa by Bibliotecas Redondela

Onte,  deron inicio na Biblioteca Municipal  as celebracións para conmemorar os 200 anos, alá polo 20 de decembro de 1812, da publicación dos contos dos irmáns Grimm . 


O despegamento tivo lugar cunha actividade de contacontos para os máis pequenos a cargo de Leo Leiño, presentada por Telmo Crespo, secretario da Fundación Filomena Rivero, a cal, coa súa colaboración, posibilitou a realización desta actividade que se repetirá este venres, 14 de decembro, ás 18:30 h., na Sala Infantil da Biblioteca, para nenos de 6 a 9 anos. Este programa completarase cun Concurso de Debuxo ao redor dos entrañables personaxes destes irmáns alemáns.



As celebracións pasan así mesmo por Radio Redondela, que emitirá o día 13 e o día 20 no seu programa matinal A Estación, algunhas destas tradicionais historias lidas polos nenos do Club de Lectura Infantil de Chapela e por algúns membros do persoal das bibliotecas e do concello.

No hay comentarios: