domingo, 24 de marzo de 2013

Concurso "Ponlle o teu final ao conto de La Sirenita"

Para celebrar o Día Internacional  do Libro Infantil, o 2 de abril,  desde as Bibliotecas de Redondela propoñémosvos un concurso:




Escribir un final alternativo ou unha variante do orixinal ao conto de H. C. Andersen "La sirenita" 

Podes participar a través do blog ou no Facebook.
No blog, debes deixar "o teu final" no apartado de comentarios desta entrada.
Para participar no concurso hai que ser residente no territorio español.
O prazo remata o venres 5 de abril ás 20:00 h.

Deixámosche Aquí  o  conto de "La Sirenita" , e cando chegues ao momento no que a protagonista se achega cun coitelo á parella de recén casados, que aparece subliñado en amarelo na páxina 5, deixa voar a túa imaxinación.

   A ilustración de Christian Birmingham  que vedes arriba , recrea ese momento e a serea míranos como preguntándo, que debo facer?, como queres que continúe esta historia? 

    Ti tes a palabra escrita!

e por suposto hai premio

o gañador/a recibirá dous libros que son unha auténtica xoia:

 Pica nas imaxes para ver o interior


Publicar un comentario