miércoles, 27 de marzo de 2013

O parruliño feo, a pequena serea, o soldadiño de chumbo, etc, en todos os perfís de facebook....o 2 de abril!


Como xa sabedes o 2 de abril celébrase o Día internacional do Libro Infantil e Xuvenil. A data tomouse como homenaxe ao escritor Hans C. Andersen, que naceu un 2 de abril do ano 1805.

Ese día queremos encher os perfís de facebook dunha sentida homenaxe ao autor de contos como "O parruliño feo", "A pequena serea", "O soldadiño de chumbo", "As zapatillas vermellas", etc, substituíndo cada un a súa foto de perfil pola de un personaxe dos contos deste autor.
Contamos convosco!


No hay comentarios: