viernes, 12 de abril de 2013

V Semana do libro: a festa das palabras

Aquí tedes a programación da V SEMANA DO LIBRO: A FESTA DAS PALABRAS que, organizada polas Bibliotecas de Redondela e o Servizo de Normalización Lingüística, rende homenaxe ao libro neste fermoso mes de abril (no que tanta auga leva caído)
A exposición multilingüe (un clásico desta Semana)  de libros  (en galego, portugués, castelán, asturiano, aragonés, éuscaro, catalán e aranés) percorrerá nesta edición os seguintes centros: IES Mendiño, IES Illa de San Simón, IES Pedro Floriani e IES Chapela.
Xunto con ela, conferencias e actividades do máis interesante. 
Non vos perdades nada, nadiña. Quen avisa non é traidor!  ;)

Picade na imaxe para ampliala

No hay comentarios: