miércoles, 15 de mayo de 2013

Charla-coloquio na Biblioteca de Chapela sobre "Mindfulness", unha nova estratexia para afrontar o estrés


O vindeiro Martes 21 de Maio, ás 20:00 h., estará connosco, na Biblioteca de Chapela, á naturópata Andrea Costas, que nos falará sobre esta técnica para lograr equilibrio, para afrontación de situacións de estrés e para resolver os nosos conflitos. 
Mindfulness é un termo inglés cuxa tradución pode ser a de “atención plena” ou “conciencia plena”. Como técnica foi desenvolvida por médicos e científicos americanos nos anos 80, aínda que poderiamos dicir que na súa orixe se remonta ao budismo.


Mindfulness sérvenos para vivir con plenitude o noso presente, ofrecéndonos ferramentas para desenvolver a parte máis positiva do noso cerebro. Preséntanos estratexias para utilizar a sabedoría do corpo e da mente, de xeito que melloremos na nosa capacidade para afrontar a tensión, a dor e a enfermidade. No plano de desenvolvemento persoal amplía nosa capacidade de resiliencia, isto é, a capacidade de asumir con flexibilidade situacións límite e de sobrepoñernos a elas, e nos axuda a tratarnos con benevolencia, aceptándonos tal como somos e reducindo os nosos autoaxuizamentos negativos.



Andrea Costas, naturópata diplomada en osteopatía craneosacral (ver aquí o seu currículum vitae), é veciña de Soutomaior e, na actualidade, exerce a súa profesión en Chapela. Conta cunha ampla formación en diferentes programas relacionados con Mindfulness e, a xeito de voluntariado, exerce como coordenadora dun club de lectura de alemán na Biblioteca de Soutomaior.

O coloquio, ao que poderemos asistir este martes, é un avance da conferencia que a nosa ponente presentará no II Congreso Anual de Naturopatía Galega, organizado por FENACO (a Organización colexial naturopática española) no vindeiro mes de xullo.

No hay comentarios: