miércoles, 15 de mayo de 2013

Os cativos do CEIP Igrexa xogan a ser Pinocho coas alumnas do IES Chapela

De novo as nosas amigas do CS de Educación Infantil do IES Chapela: Brenda, Lucía e mais Sara, se achegaron á Biblioteca de Chapela para traernos o conto Pinocho, que lles contaron aos cativos de Educación Infantil do CEIP Igrexa, ao tempo que lles fixeron outras actividades lúdicas como bailes, unha canción ou a creación de gorros de papel.

Se trata dun conto artesanal elaborado con moito gusto por estas alumnas, e que fixo as delicias dos cativos asistentes e mais das súas profesoras.

Sara lles conta esta orixinal versión do conto Pinocho
Se trata dun conto interactivo, e os rapaces tamén puderon xogar con el

 A actividade forma parte do programa "Troula de contos", que os alumnos de Expresión do citado Ciclo Superior están a desenvolver coas Bibliotecas de Redondela, e realizouse o pasado mércores 8 de Maio, na sala de adultos da Biblioteca de Chapela.
Ao rematar, os rapaces fixeron cadanseu sombreiro de papel
E cantaron xunto con Brenda a canción de Pinocho
Remataron a activdade cunha foto de grupo
Despóis da actividade, os rapaces se achegaron á sala infantil para coñecer os nosos libros para rapaces. Poderán levalos emprestados para a casa cando veñan estes días pola biblioteca para inscribirse como socios. Agardámosvos a todos na biblioteca!

No hay comentarios: