Como xa sabedes, este ano se lle adica tan importante conmemoración ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño.
Velaquí tedes a súa web (premede na imaxe), realizada pola Asociación Cultural Roberto Vidal Bolaño:
- Hoxe, ás 17:45 h., na Alameda de Redondela, terá lugar o acto institucional en homenaxe a esta data.
- Pola súa banda, os libreiros de Redondela, expoñen os seus libros en galego nos soportais da Casa do Concello.
- Este luns 20, a patir das 11:00 h. Radio Redondela emitirá un fragmento da obra de Vidal Bolaño: Cochos, realizado polo alumnado da ESAD de Vigo.
- E tamén o luns 20, ás 20:30 h., na Casa da Cultura, o tamén dramaturgo e profesor Roberto Pascual, presentará o seu libro: Roberto Vidal Bolaño e os oficios do teatro, editado por Xerais.
Nun día moi teatral para toda Redondela, ao estar invadida polos títeres do noso famoso Festival Internacional de Títeres, louvámonos de que este ano a celebración das Letras Galegas se achegue máis ca nunca ao teatro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario