O IES Pedro Floriani organiza, o venres 21 de xuño, o I Festival Origami a favor de UNICEF, unha mañá repleta de actividades lúdicas relacionadas co origami (papiroflexia) e o xadrez.
Partidas simultáneas, a realización dun xadrez xigante de 100 quilos, un show de maxia a cargo do ilusionista Kike Pastur ou unha charla de Silvio Danailov, Presidente da Federacion Internacional de Xadrez, son algunhas das actividades nas que se poderá participar.
O custo das inscripciones é de 2 euros para os talleres e de 1 euro para as partidas.
Todos os fondos captados destinaranse aos programas de supervivencia infantil que UNICEF desenvolve en máis de 190 países e territorios.
Contacto:
galicia@unicef.es
981 58 63 87
No hay comentarios:
Publicar un comentario