
E cos Megatoxos, e coa aventura "A cara oculta de Lúa", cuarta entrega da saga, somerxémonos nun mundo de aventuras, con viaxes no espazo e no tempo, poderes máxicos moi particulares e a afouteza deste grupo de amigos na súa loita frente ao poder do Mal.
Descubrimos ao seu autor, Anxo Fariña, facendo un percorrido polos libros da biblioteca. Ademáis, dado que a novela nos achegaba á cidade de Venecia, trasladámonos coa maxia da imaxinación á cidade das 118 illas, e fomos coñecendo algúns dos rasgos da súa cultura: as góndolas, os canais, a Praza de San Marcos, o seu Entroido ou o famoso personaxe Casanova.
Cos seus particulares saberes máxicos, Leo lle deu vida aos obxectos, do mesmo xeito que podían facer os personaxes da novela.
Ademáis, ao rematar a xuntanza, recibimos unha grande sorpresa nun mensaxe secreto que só podemos descubrir grazas ao fogo e, de novo, á maxia de Leo.
Novos participantes os que se anotaron ao club nestes últimos días.
A eles, e aos que xa levades tempo connosco, graciñas por vir! Agardamos contar convosco nas vindeiras reunións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario