domingo, 12 de mayo de 2013

Luis Vallecillo explorará a creatividade literaria do Club Xuvenil de Lectura na Biblioteca de Chapela

Este martes o Club Xuvenil de Lectura de chapela vai a ir un paso máis aló da lectura, e atreverase a explorar a súa creatividade.
Con Luis Vallecillo, músico, compositor e titiriteiro, fundador da compañía A Xanela do Maxín, crearemos unha narración, conto, poema ou canción utilizando técnicas literarias moi variadas. Co fin de que non se perda ningunha das nosas ideas axudarémonos dun proxector, de tal maneira que quede reflexada nunha pantalla en todo momento todo aquello que está a emerxer das nosas cabezas.
Traballaremos de xeito cooperativo para chegar a unha nova creación literaria, ou aos alicerces dela. 
 Será todo un exercicio de creación espontánea e de exploración da nosa imaxinación. Vivan as tormentas de ideas!

PARA OS MEMBROS DO CLUB DE LECTURA E OS SEUS CONVIDADOS.

A actividade terá lugar grazas á colaboración da Rede de Bibliotecas de Galicia, a través do programa Ler conta moito.
Publicar un comentario