miércoles, 22 de mayo de 2013

"Mindfulness" ou a conciencia plena, ponencia de Andrea Costas onte na Biblioteca de Chapela

 A naturópata Andrea Costas achegounos onte á Biblioteca de Chapela un interesante percorrido polos orixes da técnica de autoregulación do estrés chamada Mindfulness ("conciencia plena"), desenvolvida polo médico e profesor da Universidade de Masachussets Jon Kabat Zinn na década dos 80, e que está a gozar dunha interesante repercusión nos últimos anos en España.















Cun interesante currículum no mundo da naturopatía, e cunha vinculación personal moi intensa coas bibliotecas -tal que foi Graciela Arias, bibliotecaria do Concello de Soutomaior, a encargada da súa presentación-, Andrea nos propuxo esta charla-coloquio para achegarnos información sobre a materia, e para abrir debate entre os nosos usuarios de Chapela.

No seu relatorio amosounos os beneficios da aplicación desta práctica, especialmente en pacientes con diferentes enfermidades, e as investigacións científicas que se levan realizado sobre este terreo.  

A través da conexión corpo-mente, a autoaceptación e a concentración no momento presente, o Mindfulness beneficia ao seu practicante, ainda que para participar do proceso éste debe mostrar unha actitude axeitada, que se resume nas  7 características mindfulness.

 





A ponencia achegounos tamén  moitos detalles curiosos e interesantes, como a conexión entre a filosofía budista e mais esta práctica, destacando a colaboración do asesor do Dalai Lama, Matthieu Ricard, considerado "o home máis feliz da terra", coas investigacións da Universidade de Masachussets neste eido. Tamén nos falou dos estudos en Mindfulness en España e dos seus divulgadores máis importantes. Pareceunos particularmente interesante a implementación desta práctica no mundo da escola, así como os beneficios que parece traer para a educación na atención dos rapaces.

Ao final da ponencia houbo espazo para o coloquio, e foron varias as persoas que se interesaron por facerlle consultas a Andrea Costas. A nosa relatora rematou facendo un pequeno experimento con todos nós, convidándonos a probar unhas uvas pasas dun xeito diferente: saboreándoas e gozándoas como se fose a primeira vez.
 

Moitas grazas, Andrea e mais Graciela, por traernos esta experiencia á nosa biblioteca.
Aquí o blog de FENACO faise eco da nova.

No hay comentarios: