viernes, 24 de mayo de 2013

Segunda sesión de Troula de Contos co alumnado do IES Chapela... unha inesquecible experiencia

A Biblioteca de Chapela despediu onte as súas xornadas de contacontos especiais co alumnado do CS de Educación Infantil do IES Chapela.
Troula de contos deixounos a todos abraiados coa beleza e a maxia duns contos elaborados artesanalmente polas alumnas participantes, e mais tamén coa imaxinación, enxeño e espíritu creativo da posta en escea de cada un deles.
Se na pasada semana gozamos dunha experiencia orixinal e novidosa, con contos clásicos como Pedro e o lobo e contos novos, como O mundo nun armario, a sesión de hoxe non defraudou a cativos e adultos que xa agardaban un alto nivel nestas orixinais e afoutas contadoras.
Na sesión desta semana gozamos tamén dun conto tradicional e mais dun conto novo:

O Circo de Federico
Conto sobre o mundo do circo, co que nos achegaron a maxia dos grandes circos de sempre, e co que as contadoras se transformaron ante os cativos en paiasos, malabaristas, domadores, magos... despertando a sorpresa e arrancando as gargalladas de adultos e mais de cativos.
Ata nos trouxeron a un coello de verdade!
 Os tres porquiños

A coñecida historia tomou unha forma especial nun fermoso libro de texturas, e as casas de palla, madeira e ladrillos tomaron aparencia real durante este conto de fantasía.
Ademáis os cativos cantaron cancións, e elaboraron cadansúa máscara de porquiño.
 
A todas as participantes... só queremos darlles as grazas por deixarnos gozar a todos do seu traballo.

No hay comentarios: