miércoles, 2 de octubre de 2013

Convocamos prazas para o Club Xuvenil de Lectura de Chapela




Xa sabedes!
- se tedes entre 10 e 14 anos, e vos gusta ler,
- se queredes vir pasar connosco un rato divertido nas nosas xuntanzas, un xoves de cada mes,

Achegádevos á Biblioteca de Chapela e inscribídevos no noso club xuvenil de lectura.

Podedes facelo presencialmente na biblioteca, tamén chamándonos por teléfono ou deixándonos unha mensaxe no correo electrónico. Ver aquí.

Queremos ampliar o grupo con novos participantes, anímate! 
Facervos socios do noso club non vos custará nada, porque é DE BALDE.

Comezaremos a primeira sesión lendo as Aventuras de Tintín.

No hay comentarios: