lunes, 30 de septiembre de 2013

Dende o punto ao infinito: obradoiro de creatividade para rapaces


A Biblioteca de Chapela presenta Dende o punto ao infinito, onde o contador Manuel Solla, que xa nos visitou o pasado mes de Xuño, xogará cos rapaces a espertar a imaxinación e a achegarse á creación dun xeito doado e ameno.

Partindo do punto (.) chegaremos á creación de persoaxes, historias, contos, dramatizacións, etc., mentres pasamos pola música, a expresión corporal, a expresión plástica, o traballo en equipo, a diversión, ata chegar, ¿quen sabe?, tal vez, ata o Infinito

O obradoiro está destinado a rapazada dende os 6 e ata os 14 anos. É gratuito, pero se precisa inscrición previa.

Para anotarse, contactar coa Biblioteca de Chapela


A actividade realízase co apoio do programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Publicar un comentario