martes, 28 de enero de 2014

Día da Ilustración na Biblioteca de Chapela

Este xoves 30 de Xaneiro se celebra en Galicia o Día da Ilustración.
Para celebralo, na Biblioteca de Chapela propoñémosvos que vos acheguedes a debuxarnos o voso personaxe de conto preferido.

Os vosos debuxos formarán parte dun mural que locerá na biblioteca durante todo o ano 2014 e recibiredes un pequeno agasallo.

Propoñemos a actividade para rapaces e rapazas de 3 a 99 anos que querades achegarvos durante toda a xornada do xoves: dende as 16:30 ata as 21:00 h.

A quen ides debuxar? Xa o tedes a vosa idea?

Publicar un comentario