lunes, 27 de enero de 2014

Culpas e expiación


Moi interesante a reunión correspondente a esta obra de McEwan
Como estaba previsto, a novela creou dende o principio diverxentes opinións. Non é un texto doado nin especialmente fluído, polo que algunhas participantes mostraron certa desafección. Non obstante, posicionouse outro grupo de entusiastas que gozaron intensamente do relato; ata o punto de que algunhas voces o sinalaron como o mellor de todos os lidos no club. O debate foi ameno e intenso, e aínda que houbo flecos que se escaparon - é un libro cheo de matices que ben podía dar para varias sesións - a discusión foi apaixonada e conseguiuse unha visión de conxunto moi completa.
Para seguir e participar no debate e opinións, fora da reunión, tedes o blog dos clubs de lectura de Redondela

Publicar un comentario