viernes, 24 de enero de 2014

Nassima e o Afganistán dos Talibáns, no club xuvenil de lectura

A lectura deste mes no club xuvenil da biblioteca de Chapela achegou aos rapaces unha realidade dura e dificil como é a das mulleres no actual Afganistán.


Coa novela "Nassima á sombra dos Talibán", tradución de "Los sueños de Nassima", da barcelonesa Mercé Rivas Torres, os nosos xóvenes lectores sentiron a dor e a rabia da inxustiza, e percibiron o sinsentido que é non respectar os dereitos das mulleres.

Dun Afganistán de longa historia e paisaxes fermosas:


A un Afganistán de guerra, burkas e prohibicións, a raíz da entrada no poder do extremismo talibán, e sen que o seu derrocamento tivese consecuencias positivas na vida cotiá das mulleres.
A novela serviu para abrir debate entre os nosos lectores. Só en Afganistan cometen inxustizas coas mulleres? Na nosa contorna, non hai, tamén, unha tradición moi longa de inxustizas e desigualdades? Entre todos pudemos reflexionar sobre o moito esforzo que custou que as mulleres viran recoñecidos os seus dereitos na nosa sociedade.

 Por último, coñeceron tamén que hai mulleres afganas que se están unindo e  están a loitar duramente para facer respectar os seus dereitos (RAWA: Asociación Revolucionaria de Mulleres de Afganistán).
E tamén, o valor e a importancia de poder recibir unha boa formación na escola.

Biografía e testimonio de Malala Yousafzai (http://www.malala-yousafzai.com/) e da súa loita polo dereito á educación das rapazas afganas. Este libro está á vosa disposición na nosa biblioteca

No hay comentarios: