viernes, 21 de febrero de 2014

Charla sobre electrónica ética na Biblioteca de Chapela

O vindeiro xoves 27 de febreiro ás 20:30 h. estará na Biblioteca de Chapela a ONG Enxeñería Sen Fronteiras. Eles nos darán unha introducción sobre aquelo que se sabe da fabricación dos aparatos electrónicos (o lado escuro?). 

Falaremos de consumo responsable, de reciclaxe e de costos sociais, de explotacións sostibles e non sostibles. 

Ademáis, o finalizar a charla, faremos un obradairo para aprender e pasar un bo rato.

Achegádevos o vindeiro xoves á Biblioteca de Chapela, e coñeceremos o outro lado da tecnoloxía.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Estuvo muy interesante la charla. Amena, participativa y muy bien coordinada. Enhorabuena.

Mt dijo...

Totalmente dacordo. Interesante, construtiva e entretidísima actividade.

Moitísimas grazas por darnos a oportunidade de gozar así.

Novas das Bibliotecas dijo...

Pois moitas grazas. A verdade é que para nós viña a ser unha experiencia tamén novidosa, pero o certo é que tamén nos gustou. Agardamos facer máis en vindeiras ocasións. Graciñas aos que viñéchedes este xoves :-)