miércoles, 26 de febrero de 2014

Expiación e doces no club de lectura de Chapela

Estes días gozamos na Biblioteca de Chapela da xuntanza sobre o libro Expiación, do novelista inglés Ian McEwan, un mes despois de que a celebraran os nosos compañeiros do Club de lectura de Redondela.


Non vos perdades os comentarios sobre a novela no blog Chocos y Lectores, dos clubs de lectura da Biblioteca de Redondela.


Foi unha xuntanza moi gorentosa, xa que aproveitamos os aniversarios de algúns dos membros do club e mais a xenerosidade dalgunhas participantes, que nos obsequiaron con bica, orellas, madalenas e pasteis.

Unha gozada de xuntanza, na que falamos algo do libro, ainda que menos que outras veces, e na que felicitamos á nosa compañeira Noelia polo seu primeiro recoñecemento literario, nun concurso do Concello de Cangas.

Aproveitamos para recomendarvos ver a versión cinematográfica desta historia para aqueles que xa gozáchedes do libro.

Publicar un comentario