miércoles, 26 de febrero de 2014

Sostiene Pereira nos clubs de lectura de Redondela

Nestes días tamén nos achegamos ao libro Sostiene Pereira nos clubs de lectura de Redondela. Escrita polo italiano Antonio Tabucchi, a novela está ambientada nunha Lisboa sumida na ditadura salazarista.

Aquí podedes ver comentarios e moitas curiosidades que extraemos sobre o libro no blog dos clubs de lectura Chocos y lectores.

Deste libro temos que dicir que recibiu moi boa acollida nos dous clubs, e que xerou unha conversa moi animada en ambas xuntanzas. 

Aos que xa gozáchedes da novela, recomendámosvos vivamente que visionedes a versión do cinema, unha coproducción italiana, portuguesa e francesa que foi filmada no ano 1996, da man do director Roberto Faenza, e cunha excelente interpretación do papel protagonista, da man de Marcelo Mastroianni.

No hay comentarios: