lunes, 24 de marzo de 2014

"A ciencia é divertida" Obradoiro para cativos de 2 a 6 anos, na Biblioteca de Chapela

O venres 4 de Abril celebraremos na Biblioteca de Chapela o Día Internacional do Libro infantil con esta interesante actividade que mistura os contos coa ciencia. Ciencia divertida e apaixoante para introducirlles aos máis cativos o interese por a explicación científica ao que nos rodea.
Nos primeiros anos de vida movénos pola curiosidade. Por iso é esencial aproveitar todos os momentos para que os nenos e as nenas aprendan da forma máis divertida. A ciencia está presente na nosa vida e nos nenos e as nenas aínda o están descubrindo. Deixémoslles experimentar!

Este conto-obradoiro farase en dúas sesións:
- A primeira, de 18:00 a 18:30, para cativos de 2 a 3 anos.
- A segunda, de 18:45 a 19:30, para cativos de 3 a 6 anos.

A actividade é gratuita, pero precisa inscrición previa, porque as prazas son limitadas. 

Os requisitos para participar son: 
- Estar dentro do grupo de idade sinalado
- Ser socio das Bibliotecas Municipais de Redondela.

As opcións para inscribirse:
- Contactar coa biblioteca de Chapela, en horario de 16:30 a 21:00, de Luns a Venres.
- Por teléfono, dentro do horario indicado, no número da biblioteca de Chapela: 986-454-226.
- Por correo electrónico, no enderezo: bibliotecachapela@redondela.es

O obradoiro desenvolverao Nita (Ana Romero), grazas ao programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia.
Publicar un comentario