viernes, 28 de marzo de 2014

O club xuvenil de lectura explora a diversidade racial coa novela "¡Que suerte hemos tenido con Paule"

Nestes días o Club xuvenil de lectura achegouse a un clásico moi divertido da literatura alemana dos 80.

A novela ¡Que suerte hemos tenido con Paule!, da escritora hamburguesa Kristen Boie, repasa en ton desenfadado e divertido as anéctodas cotiás dun neno adoptado de orixe somalí, e a súa vida diaria nunha familia alemana.
Kristen Boie no Lirum Larum Festival, nestes días
Os nenos adoptados e a súa realidade, o racismo, a convicencia multicultural e as familias diversas son temas que aparecen no libro, mezclados coas cuestións cotiás que preocupan a os cativos de 8 ou 10 anos, a idade de Paule.

Na xuntanza do club falamos sobre todas estas cuestións, e tamén nos interesamos por Somalia: onde está? cal é a súa capital? como é ese país? e por Alemania: onde está situada? cal é a súa capital? como é a súa realidade?
Fixemos  tamén un xogo de rol, onde dous equipos representaban a cada un dos dous países.

O libro tivo unha moi boa acollida entre os nosos lectores do club.

Rematamos cunha pequena merenda, para festexar o día de San Xosé.
Publicar un comentario