viernes, 21 de marzo de 2014

Mandalas de conto

Mandalas de conto é unha actividade baseada nos contos clásicos da literatura universal. En cada conto hai escondida unha mandala, mandala única e persoal de cada historia. Unha vez descubertas poñerémonos mans á obra e daremos paso á creatividade e a cor.

Qué é unha mandala? Mandala, palabra que en sánscrito (antiga lingua dos brahmanes) significa "círculo sagrado", consiste nunha serie de formas xeométricas concéntricas organizadas en diversos niveis visuais.

Debuxar e pintar mandalas posibilita a concéntración e a aprendizaxe; equilibra os hemisferios cerebrais; e estimula a imaxinación favorecendo a libre expresión. A través do debuxo, da cor, o neno expresa o seu mundo interior, pensamentos, ideas, estados de ánimo e relacións co mundo dun modo cada vez máis complexo.


O 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil
Para nenos de 6 a 9 anos
Na Sala Infantil da Biblioteca Municipal
Ás 18:00 h.
Gratuito. Prazas limitadas. Inscrición na Biblioteca Municipal
Tfno. 986 40 15 61




Publicar un comentario