viernes, 21 de marzo de 2014

Teatro de sombras (2ª parte), na Biblioteca de Chapela

 
Despois do que gozamos na biblioteca a pasada semana co teatro de sombras -grazas, como non, ao alumnado do C.S. de Educación Infantil do IES Chapela, esta semana quedamos cun sabor de boca aínda mellor, na segunda parte da actividade.


Moitos cativos e cativas se achegaron á biblioteca acompañados dos seus pais, nais e familiares (algúns aínda non nos coñecían!) enchendo a sala de ilusións e de emoción contida.

Os nosos teatreiros-contadores desta ocasión achegaron aos rapaces os contos de:
 
- Os tres porquiños







 
- A árbore 







 
- Os monstros golosos







 
- A que sabe a lúa





  


Acompañaron os contos de preguntas e xogos de interacción cos cativos, que amosaron estar moi atentos e interesados en todo o momento.
E tamén, como non!, con moitas cancións, bailes e ritmo.

Na biblioteca estamos moi contentos por ter tantos usuarios novos, que viñeron a coñecer a biblioteca hoxe, grazas á actividade, e que se foron xa cos seus préstamos e moitas suxerencias.
  • Paralelamente, as actividades de teatro de sombras tamén se están a achegar aos centros educativos de Chapela, grazas á colaboración do IES Chapela, a biblioteca municipal e as bibliotecas escolares. Esta mañá se desenvolveron no CEIP Laredo, e para a vindeira semana irán aos outros centros escolares de Chapela.

A actividade forma parte da colaboración que a Área de Servizos socioculturais e á comunidade do IES Chapela e as Bibliotecas municipa¡s de Redondela vimos desenvolvendo nos últimos catro anos. Volvémoslle dar dende aquí as grazas ao alumnado do IES Chapela pola súa dedicación e esforzo, e felicitámolos pola beleza das súas composicións neste teatro de sombras. Tamén queremos darlle as grazas, dun xeito moi especial, á profesora encargada do curso: Mª Cristina Pazos.
SODES UN EQUIPO XENIAL!
Publicar un comentario