sábado, 5 de abril de 2014

Pedro Feijoo visita o IES Mendiño, na VI Semana do Libro

 
Este martes celebramos a primeira das actividades da VI Semana do Libro: A festa das palabras.

 O escritor Pedro Feijoo visitou o IES Mendiño para falar co alumnado de Bacharelato sobre a súa obra e sobre a literatura galega do momento.
Pedro falounos das súas, ata o momento, dúas novelas publicadas, ámbalas dúas, grandes éxitos literarios:
A xestación da escrita, o traballo de documentación previo, os trucos para escoller os seus personaxes da vida ou da tradición literaria ou mitolóxica, foron temas que espertaron o interese dos presentes. 
 Ademáis, Pedro nos amosou tamén os seus cadernos de notas. 

  
Todo un pracer e unha motivación para a lectura, grazas ao programa da VI Semana do Libro, a Festa das Palabras, que as Bibliotecas Municipais de Redondela e mais o Servizo de Normalización Lingüística estamos a desenvolver ao longo de todo o mes.


Publicar un comentario