sábado, 5 de abril de 2014

A ciencia divertida de Nita, na Biblioteca de Chapela


Esta semana tivo lugar unha das celebracións máis queridas por a nosa biblioteca: o Día do Libro infantil e xuvenil

Na biblioteca de Chapela festexámolo desta vez, dun xeito diferente, cun achegamento á literatura e mais á ciencia para os máis cativos




Da man da contadora Nita (Ana Romero), os rapaces escoitaron contos e mais practicaron con experimentos.

A proposta dirixiámola a nenos máis pequenos do habitual, pois faciamos un grupo de 2 a 3 anos, e mais outro de 4 a 6. Con eles a biblioteca se encheu como nunca de cativos e cativas, pais e nais, moi expectantes estes últimos por experimentar coa ciencia e por ver a reacción das súas crianzas nunha actividade tan orixinal.

Para a biblioteca tamén era toda unha novidade contar con participantes tan pequenos, mais foi unha grata sorpresa ver a reacción destes, que se mantiñan atentos e moi interesados.

Os contos: El globito rojo, Lúa de Kalandraka, e mais, La estrella de Laura, adaptado pola propia contadora, serviron como introducción dunha serie de experimentos: 
Estrelas máxicas
  • Globo vermello: facer bailar un globo polo chan, ou inchalo sen a intervención do noso aire, mover un misto coa electricidade estática dun globo, etc.
  • Estrelas: facer estrelas máxicas con palillos e mais pintura amarela.
  • Auga: voltear un vaso de auga tapado cunha carta, e que a auga non caia, meter un papel nun vaso con auga e que non se molle.
  • Lámpada de lava: con tintas fluorescentes. 
    Lámpada de lava
Fixemos tamén as nosas propostas lectoras dende a biblioteca

A actividade foi moi ben valorada por todos os participantes, e levouse a cabo grazas ao programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia.
Publicar un comentario