lunes, 7 de abril de 2014

Un premio en imaxes

Este pasado sábado, vivimos en Rianxo unha tarde inesquecible e isto, que pode soar ao típico que se escribe nestes casos, foi e é unha realidade. Perdura, ainda hoxe, un sentimento gozoso de ter compartido un momento de grande alegría arroupados polo cariño de organizadores, compañeiros, de todas as "xentes do libro". Queremos agradecer a Pilar Rodríguez Álvarez, presidenta da Federación de Libreiros de Galicia, as súas afectuosas palabras e a Teté e María da organización a súa simpatía e incondicional axuda. Ao alcalde de Rianxo, a cordialidade e afecto que despregou en toda a xornada. A reunión final, distendida e divertida, foi o inmellorable colofón a esta celebración.
       FELICITACIÓNS A TODOS OS GALARDOADOS!!! 
 e, permitídenos un abrazo moi forte á nosa compañeira e amiga, Sofía Carou, magnífica bibliotecaria de Rianxo.
Todos os galardoados

Pica aqui para acceder ás imaxes  da entrega do premio en video

Co concelleiro de Cultura, Julio Alonso


Unha grata sorpresa: Saúdos para os clubs de lectura de parte de Berta Dávila!


Publicar un comentario