lunes, 7 de abril de 2014

As Bibliotecas de Redondela premio Fomento da Lectura 2013 na XXIII edición dos Premios Irmandade do Libro

Federación de Libreiros de Galicia entregou este sábado, en Rianxo, os Premios Irmandade do Libro coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación, co fin de render homenaxe aos que durante o ano 2013 destacaron no seu traballo para que o libro e a lectura continúen a ter un presente activo e un futuro determinante para a sociedade galega. . 

Galardóns:
Na súa vixésima terceira edición, os Premios Irmandade do Libro contemplaron sete modalidades. Así, na de Autora a galardoada foi Chus Pato; mentres que a de Centro de Ensino recaeu no CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal); a do Libro do Ano 2013 en Ulises’, de James Joyce, traducido e publicado por Galaxia; e a de Obra Editorial para a colección ‘Cociña infantil e familiar’ da editorial Ouvirmos. O premio de Fomento da Lectura levouno a Biblioteca Municipal Valle-Inclán (Redondela); o de Libraría recaeu na Ramón Cabanillas (Cambados); e a nova modalidade do galardón incorporada este ano, a de Libro Infantil e Xuvenil do Ano 2013, foi para a ‘Triloxía Ámote Leo’, de Rosa Aneiros, publicada por Edicións Xerais de Galicia. Todos eles recibiron unha figura exclusiva realizada en bronce deseñada polo lucense Ismael López e mais un vale para mercar libros en librarías asociadas á federación.


A nova en Faro de Vigo
A nova no blog Brétemas, de Manuel Bragado.
Publicar un comentario