lunes, 16 de junio de 2014

Árbore conteira: fai as túas recomendacións lectoras na Biblioteca de Chapela

Aproveitando esta fermosa árbore conteira coa que nos agasallaron os alumnos do C.S. de Educación Infantil do IES Chapela, e agora que xa están rematan as obrigas escolares, dende a Biblioteca de Chapela queremos propoñervos que nos acheguedes ás vosas suxerencias lectoras, e as deixedes dentro da árbore.
 
Árbore conteira da biblioteca
Se trata de que describades os vosos libros favoritos, nunha ficha que poderedes descargar ou recoller na biblioteca. Despois de cubrilas, atádeas, e as deixades dentro da árbore conteira.

Podédelas descargar de aquí:


Tedes de prazo ata o Venres 4 de Xullo (inclusive), tempo no que manteremos o noso horario de tarde. 

As mellores descripcións, as máis orixinais, as máis divertidas, as máis interesantes... terán premio!

Podedes participar os lectores de calquera idade, o importante é que vos apeteza recomendar un libro.

Na semana do 7 de Xullo (xa estaremos en horario de mañá) elexiremos aos premiados. 

Animádesvos a participar con nós?
Publicar un comentario