viernes, 13 de junio de 2014

Brasil: Fútbol e cultura

Xa sumidos na voráxine adrenalizante da Copa Mundial 2014 dese deporte que lle chaman balompé, queremos aproveitar aquí para achegarvos algunhas recomendacións para que, aproveitando a febre futboleira que nos anima a todos nestes días (un Mundial é un Mundial), vos acheguedes tamén ao fútbol dende o goce da ficción literaria e cinematográfica.

Así a web De Cine21 proponnos esta selección de 30 filmes, recentes e non tan actuais, nos que o deporte rei é o protagonista da historia.


Fútbol e literatura na Biblioteca de Chapela
Nós mesmos facemos a achega futboleira nas nosas bibliotecas, como podedes ver na imaxe.

    Pero tamén vos propoñemos que aproveitedes para explorar un pouco máis ese grande país onde se está a celebrar a Copa do Mundo.

    Brasil é un país moi extenso, e culturalmente moi diverso que merece a pena coñecer, aínda que só sexa de xeito virtual!

    - O diario El País, ven de facer unha serie de achegas ao presente cultural brasileiro, moi interesantes.

    - Somerxéndonos un pouco na rede podemos coñecer cales son os escritores brasileiros máis coñecidos, ás súas obras literarias máis destacadas e, tamén ás súas bibliotecas máis importantes.

    E falando de bibliotecas... como non!
    Diremos que nos gustou moito este blog independente, divulgador de algúns proxectos bibliotecarios de incidencia das bibliotecas na comunidade: www.bibliotecasdobrasil.com como as minibibliotecas

    Minibiblioteca do Sossego
     Non vos parecen fermosas?

    No hay comentarios: