lunes, 23 de junio de 2014

Despedida de curso co Club Xuvenil de Lectura

O libro La isla de Nuncameolvides do coñecido escritor segoviano Ricardo Gómez foi a lectura coa que despedimos o club por esta tempada.
O autor Ricardo Gómez, nunha imaxe tomada da súa páxina web
E que mellor xeito de achegarnos ao verán que con esta lectura!: aventuras no mar, illas perdidas, mapas para atopar tesouros misteriosos... sí, amigos, ten todos os ingredientes para converterse nunha lectura refrescante de verán, e o certo é que lles gustou moito aos nosos lectores.
 
Seguindo o exemplo do protagonista, Fabio, que lles deixa as súas plantas a Mario e mais a Nieves para que llelas coiden mentres está de viaxe no mar, Leo achegounos sementes de xirasol, para que as plantaramos cada un na súa maceta, e para que as coidemos durante o verán na nosa casa.
 
Ademáis, e dada a lectura que nos tocou, non podiamos rematar o curso sen unha emocionante búsqueda do tesouro, que se estendeu por todo o edificio Multiusos (biblioteca incluída) e tamén polos arredores.
 

Rematamos a xornada gozando dunha suculenta merenda, obsequio do persoal da biblioteca para todos os participantes en tan aventureira e esgotadora actividade como foi a busca do tesouro.


Antes de rematar o curso, temos unha proposta para os membros do club, que será visitar xuntos o Meirande. Será o Martes 8 de Xullo, ás 10:30 h. Os interesados en participar terán ata o Venres 4 de Xullo para inscribirse.

No hay comentarios: