domingo, 29 de junio de 2014

Recordades a colección Violeta?


A editorial Molino publicou, a partir dos anos sesenta a súa "Colección Violeta", a cal se enfocou expresamente cara a rapazas novas e coa intención, segundo indicaba o slogan da propia editorial, de "axudar a formar a súa personalidade".

Os devanditos libros foron escritos por autoras italianas como Anamaria FerrettiRossana Guarnieri ou Elena Mignacci entre outras e a temática básica da colección centrábase no interese profesional da protagonista do volumen, un leve toque romántico e presentaban uns personaxes femininos modernos, decididos e emprendedores.

Estes tomos editáronse cunha calidade moi boa, en tapa dura plastificada e cun formato de aproximadamente 15 x 24 centímetros. En canto ao seu número de páxinas, oscilaba entre as cento cincuenta e duascentas, as cales se imprimiron a unha soa tinta aínda que coa presenza de láminas (habitualmente cinco) a toda cor.




















Publicar un comentario