domingo, 6 de julio de 2014

Boas maneiras, bos momentos


"En la mesa y en el juego, se conoce a la dama y al caballero", di o refrán. 
Os tres días no I Curso de protocolo e boas maneiras, Nicolás, Paz, Alba, María, Celia, Pedro, Iria, Alba, Sergio, Iker, Adolfo, Anxo, Birtuka,  Xiana e Aitana, participantes no mesmo,  demostraron, tanto na mesa como nos xogos realizados, que son damas e cabaleiros consumados 

Aquí podedes acceder ás  fotografías do evento
   
Todo comezou o 27 de xuño cun espléndido arranque no restaurante Consejo, coa sesión dedicada ao protocolo na mesa
Un 27 de xuño, foi o comezo
Coa presidenta da AECC de Redondela
O segundo día consagrouse aos bos xeitos no campo e na praia, cun apartado moi especial dedicado á importancia da protección en época estival con respecto ao sol. Contamos para isto coa presenza da presidenta da AECC en Redondela, Paqui Canal, que, a través dun conto, transmitiu os coidados imprescindibles a este respecto. 
 





Agradecerlle desde aquí a súa impagable colaboración así como á farmacia de Isabel Vázquez Gómez e aos laboratorios Vichy e Isdin que facilitaron productos de protección solar para todos.

No terceiro día, as relacións sociais centraron a sesión:

Aprendendo a dar a man
E, como broche de ouro, a entrega de diplomas por parte de Javier Bas, alcalde de Redondela,  de Teresa Paris, concelleira de ensino, e de Julio Alonso, concelleiro de cultura.

Un 4 de xullo, o remate
 Estes días estiveron cheos de instantes entrañables. Imposible recollelos todos. Pero si queremos deixar constancia dalgún deles: 

- o emotivo momento de agradecemento á Fundación Filomena Rivero Alonso, representada no acto polo seu secretario Telmo Crespo, que recibiu dos participantes unhas fermosas palabras e un álbum ilustrado asinado por todos:


Anxo, en representación de todos, dirixe unhas palabras
de agradecemento á Fundación 
Telmo Crespo recibe un libro asinado por todos os participantes

- as "máxicas sorpresas" de Leonor Rodríguez (imposible agradecer todo o agarimo e dedicación que prodigaches nestas xornadas):



Publicar un comentario