miércoles, 27 de agosto de 2014

Doazón para os Clubs de Lectura


 A Fundación Filomena Rivero Alonso a través do seu secretario, Telmo Crespo, fixo entrega, en presenza de Julio Alonso, Concelleiro de Cultura, e de María Elena Becerra, bibliotecaria municipal, de dous lotes de libros destinados aos clubs de lectura de adultos das bibliotecas municipais de Redondela.
 A doazón está composta por trinta e catro exemplares de dous títulos de recoñecida calidade. 
 Este acto é o punto de partida para a programación que a Fundación Filomena Rivero levará a cabo, coa colaboración da biblioteca municipal, ao longo desta última etapa do ano e que se dará a coñecer en próximas datas a través dos distintos medios de comunicación, cartelería e redes sociais.

Publicar un comentario