jueves, 25 de septiembre de 2014

Caixa de devolucións/Buzón de devoluciones



A Biblioteca P. Municipal "Valle-Inclán" de Redondela dispón, a partir de hoxe,  dunha caixa de devolucións de libros e audiovisuais no mostrador da entrada ao Multiúsos de Redondela (Paseo da Xunqueira). 
 A finalidade desta caixa  será exclusivamente  a devolución do material fóra do horario de sala,  para facilitar a entrega dos documentos.

 A caixa permanecerá aberta de luns a venres de 8:00 a 10:00, de 16:00 a 17:00 e de 20:00 a 21:45 h. 
Os libros cuxa data de devolución coincida coa fin de semana poderán ser devoltos na caixa  ata as 17:00 h. (hora na que o persoal da biblioteca fará a recollida) do seguinte luns 

 A entrega a través deste sistema supón a aplicación das mesmas normas que na devolución a través do mostrador, aplicándose as sancións correspondentes cando haxa atraso nesta. 

Pregamos depositen os documentos con coidado e, no caso dos libros, co lombo cara abaixo para evitar danos nos mesmos.


No hay comentarios: