viernes, 26 de septiembre de 2014

"Contando con imaxes" Noemí López achega aos rapaces da biblioteca de Chapela os segredos do debuxo


 

Este xoves tivemos unha "masterclass" moi interesante nas nosas bibliotecas. A xenial ilustradora Noemí López achegouse á axencia de lectura de Chapela para instruir aos rapaces nas pautas básicas para debuxar.

A proposta centrouse na representación de personaxes. Noemí foi conducindo aos rapaces no debuxo, achegándolles as nocións básicas para:

- Dominar as proporcións do corpo.
- Reproducir as expresións faciais e as emocións.
- Transmitir a sensación de movemento.
- Esbozar sen medo, para despois obter o debuxo.
A ilustradora compartiu connosco a súa paixón polo debuxo, e animou aos rapaces a expresar a súa creatividade. 
 Velaquí o vídeo da actividade:


Premendo aquí podedes ver algúns dos traballos máis fermosos de Noemí López.

Grazas Noemí, por estar connosco esta tarde tan divertida! 

E grazas á Rede de Bibliotecas de Galicia (Xunta de Galicia) e, en concreto, ao programa Ler conta moito,por facelo posible.

E, como non! grazas tamén aos nosos voluntarios: Roberto e Mercedes pola súa inestimable axuda e pola súa reportaxe gráfica.

Por último, achegamos unha referencia á actividade que nos fixeron dende o diario Faro de Vigo.

Publicar un comentario