martes, 30 de septiembre de 2014

"Con barqueira e remador" en San Simón

Como hoxe é o Día Internacional da Tradución, lembramos que se acaba de presentar o III Obradoiro Internacional de Tradución Poética, que se celebrará no mes de outubro na Illa de San Simón e no que colaboran o Concello de Redondela e as Bibliotecas Municipais de Redondela. Os froitos do traballo intenso de tradución realizado neses días, se presentarán no Multiusos de Redondela o 17 de Outubro nun recital conxunto de todos os participantes.
Máis información



Publicar un comentario