jueves, 23 de octubre de 2014

GaliciaLe, xa operativa nas bibliotecas de Redondela

Xa está operativa nas nosas bibliotecas a plataforma de préstamo de libros electrónicos GaliciaLe. Esta plataforma ofrece dous catálogos, un de obras en galego e outro de obras en castelán, de temática diversa (ficción, informática, historia…). Para acceder ao servizo de préstamo a través de GaliciaLe só é preciso ser usuario/a con carné dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. A lectura (en streaming ou mediante descarga) pode facerse nos diferentes dispositivos compatibles: teléfono móbil, tableta, ordenador persoal ou lector de libro electrónico. Poderás tomar en préstamo ata un máximo de dous libros en cada catálogo (dous no catálogo do libro en galego e outros dous no catálogo do libro en castelán) que estarán á túa disposición durante un prazo de 21 días. Se a obra ou obras que buscas están prestadas, poderás solicitalas en reserva (ata un máximo de dous).
Tedes toda a información neste e neste titorial


Visita o vídeo de presentación de GaliciaLe



Publicar un comentario