martes, 21 de octubre de 2014

Novos equipos informáticos para as nosas bibliotecas municipais

As Bibliotecas de Redondela estamos moi contentas! Dende esta semana contamos con equipamento informático novo, tanto na Biblioteca de Redondela como na Biblioteca de Chapela.
  • 6 equipos novos na Biblioteca P. Municipal Valle-Inclán de Redondela:
Novos ordenadores na Biblioteca de Redondela
  •  6 equipos novos na Biblioteca Axencia de Lectura Municipal de Chapela:
Novos ordenadores na Biblioteca de Chapela, recibindo a última revisión por parte do técnico

A xestión do equipamento débese ao Departamento de Novas Tecnoloxías do Concello de Redondela. Dende as bibliotecas municipais queremos agradecer a Olalla, a Fátima, a Luis e mais a Joaquín, de dito departamento, pola súa inestimable colaboración e axuda.

Nos equipos podedes atopar:

- Ferramentas de Ofimática, con Open Office.

- Ferrramentas para visionado (IrfanView) e edición de fotografías (Gimp).

- Acceso a Internet.

- Acceso aos CATÁLOGOS das respectivas bibliotecas:
http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/BuscaAvanzada.aspx?CodigoBiblioteca=PAM030http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/BuscaAvanzada.aspx?CodigoBiblioteca=PBM057
Catálogos das bibliotecas de Chapela e mais de Redondela.

- Acceso á enciclopedia escolar Canal Océano Junior, á que estamos suscritas as bibliotecas municipais de Redondela.
 
- Acceso á enciclopedia escolar Aula Planeta, á que tamén estamos suscritas as bibliotecas municipais de Redondela.

No hay comentarios: