sábado, 25 de octubre de 2014

Grande celebración do Día das Bibliotecas con Raquel Queizás, este venres na Biblioteca de Chapela

Onte, venres 24 de Outubro celebrouse en toda España o Día das Bibliotecas. Para festexar tal evento, na Biblioteca de Chapela ofrecemos un marabilloso contacontos con Raquel Queizás.


 A nosa contadora achegounos o seu espectáculo "A Orixe", contacontos onde Raquel Queizás fai un percorrido polo mundo, achegando historias, mitos e lendas procedentes de diferentes culturas ancestrais. Percorremos o mundo, os diferentes continentes con fermosas historias para saber:
 
- Por que no ceo hai estrelas. A través dunha lenda procedente do Corno de África.
- Por que os tigres teñen raias. A través dun antigo mito da China.
- Por que os coellos teñen as orellas longas. Cunha vella historia lendaria procedente de Perú e Venezuela.


Na biblioteca preparamos un amplo catálogo de recomendacións lectoras para suxerir aos espectadores do contacontos. Non hai dúbida do éxito do mesmo, xa que boa parte destas recomendacións foron levadas para ler na casa polos asistentes -pequenos e adultos- do contacontos.

Os rapaces marcharon para a casa cun agasallo en forma de mapas de Galicia, obsequio de Turgalicia.
 
Propostas lectoras relacionadas co contacontos "A Orixe"

 E por último, sinalaremos que a contadora Raquel Queizás tivo un fermoso detalle coa biblioteca, ao achegar a súa aportación á nosa campaña de recollida de alimentos e produtos de hixiene e coidado infantil que estamos a facer na biblioteca VER AQUÍ SOBRE A MESMA.

Raquel Queizás coa súa aportación, xunto á bibliotecaria de Chapela
Moitas grazas, Raquel!

Grazas tamén a Roberto, Mercedes e, desta vez, a Ikerman Iker, así como aos usuarios da biblioteca por as súas fotografías, algunhas das cales as incorporamos ao noso álbum.

A actividade tivo lugar grazas ao programa Ler conta moito, promovido pola Rede de Bibliotecas de Galicia (Xunta de Galicia).

No hay comentarios: