jueves, 20 de noviembre de 2014

Blanco Amor e A Esmorga nos clubs de lectura de Redondela

Aproveitando que o escritor Eduardo Blanco Amor, clásico do noso corpus literario, está de actualidade en Redondela, nos clubs de lectura das nosas bibliotecas escollemos a lectura de A Esmorga para este mes. A Esmorga é a obra máis sonada do escritor, e un referente das nosas letras. Ademáis, nestes días se ven de estrear a súa máis reciente e máis literaria versión cinematográfica.

Para introducir a sesión, comezamos asistindo á proxección do documental "Universo Blanco Amor", producido pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), proxección que estivo aberta ao público no auditorio do Multiusos de Chapela.

Despois de ver o documental, nos xuntamos na biblioteca para falar do escritor e da súa obra. Para moitos, a lectura veu ser un reencontro moitos anos despóis da súa primeira lectura, aló nos tempos de BUP ou Bacharelato, mais para algúns, foi novidade. Ainda que as opinións foron diversas,todos os que nos achegamos á novela na segunda lectura, coincidimos en que a atopamos máis interesante e que nos gustou máis que na primeira vez.

No hay comentarios: