O pasado xoves tivemos o gozo na Biblioteca de Chapela de recibir a África Guardia Lorenzo, que nos presentou a súa primeira novela "El ruido del silencio", editada por Cardeñoso.
Malia a chuvia, que ameazaba con deslucir a actividade, moitos veciños, amigos e coñecidos que se achegaron á biblioteca, e foron moitos os profesores e alumnos do IES Chapela, membros e ex-membros desta comunidade educativa, que non quixeron perderse tal evento.
Ao rematar, moitos dos asistentes adquiriron o libro da autora, que asinou unha a unha cada unha das solicitudes.
Só nos queda dar as grazas aos organizadores, por facernos partícipes á biblioteca dun proxecto tan emocionante e tan bonito, e a todo o público por achegarse e por arroupar á nosa nova escritora de Chapela.
![]() |
A autora agasallou ás bibliotecas de Chapela e mais de Redondela cun exemplar do seu libro |
No hay comentarios:
Publicar un comentario