"Cruzando o Viaduto: conmemoración do 130 aniversario do segundo viaduto de Redondela e do ferrocarril Pontevedra-Redondela"
Repetimos a viaxe inaugural de 1884 da Estación de Redondela a Pontevedra!
Para nenos de 7 a 10 anos
O sábado 13 de Decembro, de 15:30 a 19:00 h.
De balde. Prazas limitadas.
Inscrición previa na Biblioteca Municipal (tfno. 986 40 15 61)
Coa dirección de Francisco J. Gil, xornalista, escritor e vicepresidente da Asociación Viguesa de Amigos del Ferrocarril y Tranvías (AVAFT)Obxectivos da actividade:
-Mostrar un dos episodios máis relevantes da historia contemporánea de Redondela como principal enclave ferroviario da provincia de Pontevedra.
-Difundir á xeración máis nova a historia dos viadutos de Redondela, unha peza esencial do perfil e a paisaxe da vila e durante moitos anos as obras de enxeñaría máis vistosas de toda a provincia.
-Realizar unha viaxe en tren que para algúns dos participantes será o seu bautismo ferroviario.
e..... pasalo xenial !!!
Cronograma da actividade:
Hora de chegada dos nenos á Estación de Ferrocarril de Redondela: 15.30 a 15.45.
Hora de saída do tren: 15.58
Chegada a Pontevedra: 16.17
Saída de Pontevedra: 17.32
Chegada a Redondela: 17.56
Visita á sede da Asociación de Amigos do Ferrocarril:
18.00 a 18.50
Hora e lugar de recollida dos nenos:
Vestíbulo da estación de Redondela, a partir das 18.55 ata 19.10 horas.
Moitas grazas a Luis Borines e a Francisco Gil pola súa entregada colaboración!
Organizan: Fundación Filomena Rivero Alonso e Bibliotecas Municipais de Redondela
No hay comentarios:
Publicar un comentario