O vindeiro Xoves 13 de Novembro, ás 20:30 h., a Biblioteca de Chapela comprácese en recibir a África P. Guardia Lorenzo para a presentación da súa novela: "El ruido del silencio".
El ruido del silencio é a primeira novela desta xoven escritora de Chapela, e ven de saír á luz da man da viguesa Ediciones Cardeñoso. A autora estará acompañada na presentación polo seu editor, Severino Cardeñoso, e mais pola profesora do IES Chapela Cristina Garabatos Cuadrado.
Estades todos convidados. A entrada será libre ata completar aforamento. Ademáis, contaremos cun espazo de venda, para que os interesados podan adquirir o libro e levalo asinado para a casa.
Dende a biblioteca, onde aprezamos moito a África e sabemos do seu talento, lle desexamos moitos éxitos nesta aventura literaria e un futuro prometedor no mundo das letras.
Entrevista á autora en Radio Redondela.
Entrevista á autora en Faro de Vigo.
Dende a biblioteca, onde aprezamos moito a África e sabemos do seu talento, lle desexamos moitos éxitos nesta aventura literaria e un futuro prometedor no mundo das letras.
Entrevista á autora en Radio Redondela.
Entrevista á autora en Faro de Vigo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario