O club infantil de lectura gozou onte dunha xornada máxica e un pouco terrorífica. Os rapaces e rapazas que veñen de ler o libro "Ai que medo", escrito por Ricardo Alcántara, xuntáronse para falar do libro e para facer moitos xogos e actividades.
O libro deu para falar de tolerancia e de respeto, de aceptar aos diferentes e de convivir.
Tamén deu para facer escenas cinematográficas que nos deron moita risa.
E para rematar, os pequenos lectores probaron a súa creatividade e a súa intuición, elaborando nada menos que as súas pócemas máxicas. Con elas fixemos unha cata cega, que rematou nun improvisado pero emocionantísimo "MasterChef" das pócemas máxicas.
Que ben o pasamos!
A vindeira xuntanza será un especial de Nadal, que reunirá aos rapaces entorno ao libro "Tres libros y una estrella", da autora Louise Rinser. O día da xuntanza será o mércores 17 de Decembro, ás 18:30 h.
No hay comentarios:
Publicar un comentario