lunes, 15 de diciembre de 2014

130 aniversario do Viaduto de Pontevedra

Dezanove nenos e nenas, de 7 a 10 anos, homenaxearon, o pasado sábado, 13 de decembro, ao segundo viaduto de Redondela no seu 130 aniversario.

Pica AQUÍ e accede a todas as fotografías do evento 

 Baixo o auspicio da Biblioteca Municipal e a Fundación Filomena Rivero Alonso celebráronse, o pasado sábado día 13, os actos conmemorativos para recordar que no ano 1884 se inaugurou oficialmente a liña ferroviaria Redondela-Pontevedra, grazas á cal a capital da provincia quedou unida coa rede ferroviaria española a través da estación de Redondela. Isto foi posible grazas á construción do que hoxe se coñece como Viaduto de Pontevedra, o segundo viaduto de Redondela, que salva o val formado pola vila e o río Alvedosa

O primeiro acto da xornada foi a repetición da viaxe en tren a Pontevedra, onde os nenos visitaron a estación ferroviaria da devandita cidade. Xa de volta á estación de Redondela e baixo a dirección de Francisco J. Gil, vicepresidente da Asociación de Amigos do Ferrocarril, percorreron as instalacións de devandita Asociación , onde gozaron da impresionante maqueta que reproduce a estación redondelá, contando coas explicacións da directiva e membros da Asociación.    
                               
O evento no Faro de Vigo
Acompañaron aos nenos nestes actos conmemorativos varios membros da Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela, o secretario da Fundación Filomena Rivero e persoal da biblioteca municipal.
 
Con motivo deste 130 aniversario, a Fundación e a Biblioteca Municipal realizaron unha tirada limitada dunha postal antiga do viaduto, cedida por Luís Borines, que se distribuíu entre os participantes e que se enviará a distintas institucións para os seus arquivo.


Moitas grazas a Roberto Solano e a Mercedes Méndez, colaboradores infatigables das bibliotecas, por a súa contribución gráfica da conmemoración.

No hay comentarios: