viernes, 12 de diciembre de 2014

Uns libros moi solidarios...

Carta de agradecemento de Cáritas ás bibliotecas participantes.
O pasado 24 de Outubro, data na que se festexa o Día das Bibliotecas, as bibliotecas municipais, escolares e mais do Círculo Cultural Recreativo de Chapela puxemos en marcha unha campaña de intercambio de libros por alimentos. Co lema Libros solidarios, esta proposta animou aos nosos usuarios a achegar alimentos e produtos de hixiene aos nosos centros, levando a cambio libros que as bibliotecas dispuxemos para a ocasión.
Campaña na Biblioteca municipal de Redondela

Espazo disposto dende a Axencia de lectura municipal de Chapela no Multiusos. A actriz e contadora Raquel Queizás participou xenerosamente na mesma
No IES Chapela, coas alumnas colaboradoras na actividade

No CEIP Santo Paio de Abaixo
 No Ceip Quintela e mais no Ceip Laredo de Chapela

No Ceip Alexandre Bóveda de Chapela
No Círculo Cultural Recreativo de Chapela
Os medios de comunicación fixeron eco da nova, como Faro de Vigo, Atlántico Diario, Radio Redondela, Cousas de Redondela
Atlántico Diario
 E tamén outros xestores de novas e eventos na rede: Qué hacer en Vigo ou Vigo Low Cost contribuiron a darlle difusión a esta proposta.

Deste xeito, os nosos puntos de intercambio recibiron moitas visitas de interesados e curiosos, e o certo é que moitos dos usuarios nos felicitaron pola proposta.

Os alimentos e produtos solidarios foron entregados a Cáritas Redondela, que se encargou da súa recollida en cada un dos centros participantes durante o período da campaña, e que será agora quen se ocupe da súa distribución e reparto.

Unha vez rematada a campaña, o día 28 de Novembro, e feita a valoración da mesma por parte da organización receptora, temos que os bens recollidos superaron que unha tonelada de axuda: 830 kilos de alimentos e mais 280 kilos de produtos de hixiene.

Cáritas Redondela se mostrou moi agradecida coas bibliotecas pola iniciativa e pola "boa idea" de facer algo así.


Cartaz promocional da actividade e fotografía de presentación da campaña
Pola súa banda, as bibliotecas participantes queren expresar o seu agradecemento aos redondeláns pola xenerosidade das súas achegas; así como aos colaboradores: El Patito Editorial, Fundación Filomena Rivero Alonso e Biblioteca do CEIP San Salvador de Teis, pezas fundamentais para o éxito desta campaña. Por último, non se queren esquecer dos voluntarios de Cáritas Redondela, agradecendo a súa disposición nesta campaña, así como a labor que levan a cabo día a día e ano tras ano en favor dos máis desfavorecidos.

Lembramos que a campaña
continúa aberta ata o 15 de decembro no Círculo Cultural Recreativo de Chapela e ata o día 19 de decembro na Axencia Municipal de Lectura de Chapela.

Grazas a todos! 

A nova no Faro de Vigo.

No hay comentarios: