Remitimos unha nova de moito interese.
O Arquivo municipal de Redondela acaba de poñer en marcha un novo proxecto: o Arquivo Audiovisual do Concello de Redondela. Este pretende recoller fotografías e vídeos da nosa vila que podan ser de interese como documentos a conservar. O plantexamento é recoller as fotografías, vídeos ou documentos que están nas casas para poder escanealos, clasificalos e volcalos na páxina web, sempre facendo constar a propiedade de cada fotografía ou vídeo, e devolvendo os orixinais ó final da dixitalización.
No caso de que contedes con material que vos gustaría aportar ou que esteades interesados, só tedes que poñervos en contacto co Arquivo municipal: no teléfono 986400300, na dirección de Correo arquivoaudiovisual@redondela.es, ou nas Oficinas municipais.
No facebook: https://www.facebook.com/ArquivoaudiovisualConcelloRedondela
Dámosvos as grazas a todos, de antemán, de parte dos responsables do Arquivo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario