jueves, 8 de enero de 2015

Coñece o día 23 aos Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela

O pasado mes de decembro, démosvos conta do nacemento da Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela, unha boa iniciativa saída dun grupo de usuarios das bibliotecas cuxo obxectivo é o apoio e promoción do labor das mesmas e as súas actividades, así como achegar a cultura e a lectura á cidadanía.
Pica neste enlace para escoitar a presidenta e ao tesoureiro nunha entrevista en Radio Redondela

 A Asociación convoca a todos os interesados a achegarse o:

 venres 23 ás 20:30 horas 
ao acto de presentación da mesma, nunha reunión que celebrarán:
na Sala Infantil da Biblioteca Municipal (Multiusos da Xunqueira) 
e que ten por obxecto darse a coñecer e animar a toda aquela persoas interesada na lectura a involucrarse e participar activamente na asociación.

Formar parte da asociación ten un custe simbólico de doce euros anuais que servirán precisamente para financiar posibles actividades. Os interesados en formar parte da asociación poden recoller o impreso nas bibliotecas ou ben descargalo aquí:




 


contacto: 


No facebook aquí
  

No hay comentarios: