Nesta semana celebráronse no IES Chapela unhas xornadas sobre infancia e discapacidade:"Miradas diversas na infancia". Organizadas polo departamento de Servizos Socioculturais e á Comunidade do mesmo centro e destinadas ao alumnado dos ciclos de Educación infantil e mais o de Atención ás persoas en situación de dependencia, as xornadas contaban coa participación das Bibliotecas Municipais de Redondela.
As bibliotecas participamos co préstamo dun conxunto de libros sobre a temática referida. Un lote formado por máis de 50 títulos, e que contiña fundamentalmente contos infantiles, novelas, álbumes, e cómics cuxa temática fora a discapacidade e diferentes situacións de vulnerabilidade na infancia. Estes libros se dispuxeron para a consulta do alumnado participante das xornadas a través da coordinación da biblioteca do centro.
Asimesmo, e dentro das xornadas, asistimos á presentación do libro "Hada Esther", cos seus autores, Olga Lalín e Seso Durán. A eles, cos que xa participamos nas bibliotecas noutras ocasións, lles damos as grazas polo interesante, enriquecedor e profundamente humano de todo o que lle achegaron ao alumnado na súa charla.
Olga Lalín e Seso Durán durante a súa ponencia nestas xornadas. Fotografía realizada por Seso Durán |
Quedamos agradecidos ao IES Chapela por convidarnos a participar nunha actividade tan interesante, e estaremos encantados de que podan contar con nós para outras futuras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario